07/03/19

ENTROIDO 2019

O venres 1 de marzo  celebramos na nosa escola o  tradicional   FESTIVAL DO ENTROIDO, este ano adicado ao CINE.

Nós, os de 4ºEP, representamos a película de GREASE...claro que ao noso" aire". Fixemos moitas cousiñas, como  dramatizar, cantar, expresar, comunicar, crear , cooperar, bailar....  No seguinte vídeo, pódese ver o ben que o pasamos e o moito que disfrutamos.





25/02/19

DÍA DE ROSALÍA 2019

...E NÓS SEGUIMOS CÓS TRABALLOS EN EQUIPO , E  ASÍ EN MOI BOA COMPAÑÍA DOS NOSOS COMPAÑEIROS DE 3º EP, CONMEMORAMOS UN ANO MÁIS O DÍA DA NOSA BENQUERIDA ROSALÍA.
FIXEMOS CALIGRAMAS COS POEMAS DE ROSALÍA. FOI UNHA INTERESANTE EXPERIENCIA: DEBUXAR, RECITAR, RIR, APRENDER...






19/02/19

Información Nutricional

Imaxe relacionada

Cómo ler as etiquetas dos alimentos

  

  As etiquetas dos alimentos conteñen información sobre a cantidade de calorías, porcións e datos nutricionais dos alimentos. Lelas axudános a ser consumidores máis informados nutricionalmente.

   Con esta tarefa cooperativa, formado por equipos mixtos de alumn@s de 4º e 2º de E.P. ,tratamos de identificar os aspetos básicos da información nutricional dos produtos que consumimos. 
    Levar unha dieta saudable favorece a boa saúde, polo que debemos alimentarnos correctamente é tomar  os alimentos que nos proporcionan todos os nutrientes que necesita o noso corpo.


ACTIVIDADELATA DE MEXILÓN de Galicia, ó natural

(Trátase dun produto con baixo contido en grasas e alto contido en proteínas que ademáis é fonte natural de vitaminas e de sales minerais ).







29/01/19

XOGANDO COS SENTIDOS

O OBXECTIVO DESTA ACTIVIDADE TAN DIVERTIDA FOI MEDIR A CAPACIDADE DOS NOSOS SENTIDOS E ADEMAIS SER CONSCIENTES DA INFORMACIÓN QUE NOS ACHEGA CADA UN DELES.

FIXEMOS ESTA ACTIVIDADE POR GRUPOS,  desenvolvendo diferentes probas.

1º PROBA: A QUE SABE?

Preparamos alimentos ácidos, amargos, salgados e doces. Os nosos compañeiros cos ollos tapados e soamente coa axuda do sentido do gusto, tentaron de identificar os alimentos.
Os que máis alimentos recoñeceron foron os que identificaron ben catro alimentos e despois os que menos alimentos identificaron foron os que recoñeceron dous alimentos.
O sabor máis recoñecido foi o chocolate .
Utilizamos obxectos que desprendían distintos
olores: cebola, café, colonia...Cheirando intentaron os compañeiros recoñecer o contido solo polo  olor. O olor máis recoñecido foi o café e a cebola e o menos identificado un ambientador.

3º PROBA: TOCA,TOCA...


Seleccionamos distintos obxectos e os compañeiros que realizaban a proba, cós ollos tapados, intentaban identificar os obxectos coa axuda do tacto. Seleccionamos obxectos variados brandos, duros, suaves, rugosos...a nosa conclusión é que o que máis recoñeceron foi o xabón que ten unha textura suave e o que menos foi  unha mandarina.


4º PROBA: AFINA O OÍDO!

Os compañeiros debían recoñecer polo oído diferentes sons e asocialos có obxecto en cuestión: matasogras, maracas,etc. O resultado da proba foi que todos recoñeceron as maracas...e menos o son dun bote con ponpóns.

5º PROBA: COMO O VES?

Escribimos letras de distintos tamaños nunha cartolina e pasamos a proba coma se fósemos auténticos oculistas.O resultado foi que os nosos compañeiros  ven bastante ben.

Vídeo da actividade: XOGANDO CÓS SENTIDOS



13/12/18

Braulio Tuber



 

Hoxe visitóunos un amigo moi especial, Braulio, do programa Os Bolechas (oficial), para rodar un novo capítulo 🎬  deste interesante programa da TVG.

 Neste capítulo os nosos alumnos de 3° e 4° de E.Primaria amosaron os seus coñecementos sobre  os traballos do campo.  

 Parecéunos unha experiencia educativa moi interesante, xa que aprendemos como se fai un programa de T.V. coas cámaras diante. 

 Preguntóunos Braulio moitas cousas sobre os traballos do campo, sobre os  cultivos que temos nas nosas hortas, que diferenzas observamos entre os traballos da nosa cidade e os dos campos de cultivo, que tipos de traballos se poden facer no campo...

                                                            Disfrutamos un montón coa experiencia.

Grazas e ata pronto, Braulio.




Resultado de imaxes para braulio tuber


   

29/11/18

OS CIENTÍFICOS DE CUARTO


A ciencia vai asociada á investigación, á experimentación e ao coñecemento.
 A programación da SEMANA DA CIENCIA na nosa  Biblioteca Escolar ,foi unha boa oportunidade para achegarnos á práctica e á divulgación científica dun xeito ameno e divertido.
Fascinóunos o poder facer de  científicos e aquí vai unha pequena mostra da nosa experiencia científica.












As maestríficas: Begoña, Marisa, Trini e María

26/10/18

Apadriñamento lector

OS NENOS E NENAS DE 4º SON PADRIÑOS E MADRIÑAS DE LECTURA NA ESCOLA.HOXE LERON  UN RATIÑO XUNTO AOS SEUS APADRIÑADOS E PUIDERON DISFRUTAR DAS LECTURAS COMPARTIDAS.
  Ler xuntos. Un placer! 
Poucas actividades tan esperadas como esta: a dos padriños e madriñas lectores. Emocionámonos cada ano cando percibimos o importante que é para o alumnado, a seriedade que poñen tanto na presentación, coma na escolla do libro, coma na execución... 

25/10/18

Día da biblioteca 20018

O Mago Paco ofrecéunos un espectáculo que  mesturou a risa con historias de cine e maxia. 

A nós gustounos e no vídeo van as nosas críticas oponións e tamén as imaxes  do espectáculo.



09/10/18

AUTOBIOGRAFÍA

ACTIVIDAD DE LENGUA CASTELLANA. Comenzamos un nuevo curso  recordando las fechas y los acontecimientos más  importantes de nuestras vidas.

QUÉ ES UNA AUTOBIOGRAFÍA
Una autobiografía es el relato de nuestra propia vida, contada por nosotros mismos/as. 
En la autobiografía nosotros  somos el protagonista y además  el narrador. Escribimos en 1º persona.
CÓMO ESCRIBIMOS NUESTRA AUTOBIOGRAFÍA

En nuestra autobiografía contamos las experiencias que vivimos y los recuerdos que dejaron los acontecimientos más importantes .
Para escribir nuestra autobiografía realizamos
un pequeño libro  con nuestras fotos más significativas y en él escribimos nuestras anécdotas y vivencias más importantes.
Nos pareció muy importante escribir sobre nuestra familia y sobre el colegio. Claro , ya que con la familia y en el cole son con los que más estamos y queremos.
 También escribimos sobre lo que más nos gusta, pero también sobre nuestras aficiones ,deportes favoritos, las comidas preferidas, etc.



26/09/18


BENVIDAS/OS AO NOVO CURSO ESCOLAR  2018-2019

4º E. Primaria

 Comenzamos con moita ilusión porque temos moitas cousas novas que aprender e compartir.
Haberá moitas sorpresas!

Luces, cámara e...acción!

O cine será o eixo motivador deste curso que temos por diante, pouco a pouco lograremos ser expertos directores e viaxaremos  coas experiencias que todos realizaremos, grandes e pequenos.
Todos e todas  aprenderemos uns dos outros.
 Intentaremos conxugar o divertimento co elemento educativo, coa finalidade de facer máis atractivo o ensino e, deste xeito, cumprir con maior eficacia o obxectivo perseguido. 

Moi bo curso para todos vós !

22/06/18

ATA SEMPRE

PROMOCIÓN 20009 / 20018


Boa sorte na nova etapa que iniciades.
 As portas quedan abertas!
A escola non remata nunca, aquí vos esperamos!
Grazas polos bos momentos vividos xuntos.
BICAZOS MOZOS/AS

23/02/18

ROSALÍA 2018/#AbrideAFiestra

#AbrideAFiestra

A nosa  apertura de vento fresco e xoven!

Alumnos 6º EP do Ceip Saco e Arce de Toén23/ febreiro 2018


María Reimóndez

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

#AbrideAFiestra
"Nun mundo de fiestras pechadas, buscamos o refacho de vento que as abra de vez. Nun mundo que busca facer as comunidades e as persoas máis pequenas, os cartos e a cobiza máis grandes, precisamos forza e profundidade, emoción e pensamento. Ante as fiestras pechadas contra a vida, contra as voces das mulleres, das desprazadas e das nosas outras cómprenos unha palabra firme e abranguente que nos guíe. No bater das fiestras que cheiran a couza do pasado, a mentiras que repetidas mil veces queren chegar a ser verdades, a fala que se nos rouba e aire que nos falta precisamos a bravura das mareas e o salvaxe das montañas. Precisamos todo do que falou e todo o que foi
Ela é o refacho que busca abrir as nosas fiestras. Un refacho que chega dende o pasado para nos falar do futuro. Un refacho que quere abrir a fiestra para que poidamos navegar. Coa forza das baleas, da que busca novas fillas do mar, da que se ri dos papeis de xénero e nos anima a redefinilos como literatas. Un refacho que trae a voz de todas as meniñas gaiteiras que están por chegar. Un refacho que canta a vida e transforma todo dende as raíces.
Mais para que o refacho entre, precisa da nosa vontade. Pídenos, imperiosa: Abride a fiestra!
E na nosa man está abrir a fiestra. Abrila para vermos a muller, a escritora, a irredutible. A voz que nos une ás rebeldes do mundo, que fascina coa súa luz por onde pasa, que nos ofrece a súa clarividencia para tecermos novas alianzas, a que sempre está do lado da xustiza, do noso lado, a que sempre está aínda por descubrir. Porque en todos os recunchos do mundo, mais sobre todo aquí, en Galicia, hai rosalías que cantan e que falan, alancando con brillantes e destemidas botas azuis entre a lama.
Rosalías que abrimos a fiestra saíndo á rúa contra o espolio da terra que ela cantou, ecolóxica antes de que existise nin o termo. Cada vez que nos negamos a seguir converténdonos en plantación de eucaliptos, minas, xeriátrico e mercadoría, reivindicando a paisaxe que ela utilizou politicamente coma ninguén. Cada vez que pulamos polo público, a sanidade, o transporte, as axudas a quen está na marxe e ela puxo sempre, dende o afecto e a transgresión, no centro. Cada vez que desfacemos o discurso que sustenta a violencia de tantos Pedros mediante a escrita e a acción feminista, contra todos eses que seguen ladrando mentres nosoutras camiñamos.
Abride a fiestra para as viaxes interiores, para a coraxe dos afectos, para sermos das que non temos medo de pensar e de sentir simultaneamente, de recoñecernos mulleres con palabra e voz propia, herdeiras e compañeiras daquela que en cada dedicatoria se recoñecía nas súas iguais.
Abride a fiestra á afouteza e ao abraio, á redefinición do que a historia dos homes fixo de mulleres irreverentes coma ela.
Abride a fiestra porque Rosalia de Castro é o mundo que está por facer. Un mundo que se abre se o abrimos.

15/02/18

ENTROIDO DE CINE

            Os piratas do Caribe, versionado polos alumn@s de 6º de E. P



TEXTO DO MUSICAL

GALERÍA IMAXES

11/12/17

PROXECTO: CON C DE CINE


AVATAR
SEGUINDO O NOSO PLAN DE TRABALLO , ESTIVEMOS A TRABALLAR COA PELÍCULA AVATAR: CIENCIA FICCIÓN E PERSONAXES.
 NÓS QUIXEMOS  FACER OS NOSOS AVATARES USANDO A NOSA IMAXINACIÓN E CREATIVIDADE.
 AÍ VAI UNHA MOSTRA.

16/11/17

UN SAMAÍN DE ALU-CINE

ESCONXURO DO SAMAÍN

(Proxecto anual : Con C de cine)







⇨⇨ Vídeo  Esconxuro : Blogue Esquio/ / Biblioteca 


ESCONXURO: "TERROR DE CINE"

TERROR EN TOÉN,“TERROR NESTA ESCOLA”,QUE OS SEGUINTES INGREDENTES SE MESTUREN NESTA CACEROLA.


 LUME DE CADÁVERES,NESTA NOITE DE MEDO,“UN MONSTRO VEN A VERTE”O PRÓXIMO… “VENRES TRECE”.


 PREDECIMOS “DOCE DÍAS DE TERROR”,NA “ÚLTIMA CASA A ESQUERDA”. “AO FINAL DA ESCALEIRA”,“ANABELLE”, TE OBSERVA. 

NESTA NOITE TERRORíFICA NON APAGUEDES A LUZ, DEBEREMOS ESCAPAR...VEÑEN OS ZOMBIS, A NOS SECUESTRAR!

 QUEREMOS QUE OS DEBERES
SE FAGAN FANTASÍA!ENTÓN NON TRABALLEDES E XOGADE TODO O DÍA, 

E SE ESTO O ACATADES,  ESTO SERÁ  SERÁ UN HORROR, COMA UNA PELÍCULA DE TERROR  

PERO... SE ESTE BREBAXE BEBEDES,

ESTE ANO APROBAREDES! JA, JA, JA.

( REALIZADO POLOS ALUMN@S DE 6º E.P.)